Celebramos a Terra

Celebramos a Terra

Celebramos a Terra

Compartir:

Xa está aquí o Día de Galicia, non podemos sentir máis orgullo pola terra. Cremos no traballo e o esforzo de cada día para sacar adiante un viño da mellor calidade, un viño que vos deixe a todos coa boca aberta.

Somos partícipes dos mellores proxectos de innovación do momento, a nosa maquinaria sempre é de última xeración. Contamos cun equipo humano do máis incrible ao que xa lle comezades a poñer cara. Antonio, Mónica, Carlos… son só algunhas das persoas máis recoñecidas de cada unha das nosas bodegas, formadas sempre por todo un equipo que fai que todo traballe a perfección.

Pero o que debedes ter claro é que o viño vén da terra. Nada podríamos facer nós se non tivesemos un produto de calidade dende o seu orixe. Un produto que recibe o coidado e cariño do noso persoal dende antes de ver a luz.

Producimos viño nas mellores terras de toda Galicia. Somos afortunados de contar con viñas en cada unha das poboacións máis emblemáticas e preparadas para a producción da uva.

Bodegas Rectoral de Amandi

En pleno corazón da Ribeira Sacra, temos unha das paisaxes máis desexadas e visitadas na zona sur de Galicia. Recibe o seu nome dunha antiga parroquia do siglo XVII que dende o seu orixe garda seña de identidade coa Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O certo é que esta bodega, é a primeira emparada por a D.O. impulsando así o seu desarrollo, crecemento e comunicación en todo o mundo.

Esta paisaxe natural está coroada polos canóns do Sil, pola tradición vitivinícola da parroquia de Amadi, onde se atopa a bodega, e pola longa ribeira do río Miño e Sil: un espectáculo apaixoante!

A uva que utilizamos en Rectoral de Amandi é a Mencía, que respalda o suave clima da zona otorgándolle  personalidade propia. Poderás atopar viñas en Amandi, Chantada, Quiroga, Ribeiras do Miño, Ribeiras do Sil…

Bodegas Rectoral de Amandi, Bodegas Gallegas

Bodegas Rectoral do Umia

No Val do Salnés atopamos unha das bodegas que máis desenvolve o seu potencial. Coa vide Albariño, de gran pequeno pero moi doce, temos unha produción monovarietal recoñecida como autóctona de Galicia.

A Denominación de Orixe Rías Baixas defende a nosa produción. Unha produción apoiada polas vides que se plantan sobre pérgolas de granito chamadas parrales, co fin de protexelas da humidade e ofrecer maior superficie da planta á insolación.

Esta terra permítenos ter un viño suave, fresco e de intenso sabor na boca. Poderás atoparnos no Val do Salnés, no Condado de Tea, en O Rosal, en Somaior, na Ribeira de Ulla…

Bodegas Rectoral do Umia, Bodegas Gallegas

 

Bodegas Alanís

O viño máis singular da nosa Bodega Alanís, pertence a Denominación de Orixe do Ribeiro. O certo é que nesta zona, producimos algunhas das variedades de uva máis recoñecidas coma Treixadura e Torrontés.

Máis de 200 viticultores colaboran estreitamente coa nosa bodega. Non vos parece que contamos cunha das viñas máis selectas? Algunhas teñen máis de 20 anos.

Poderás atoparnos en toda a zona do Ribeiro como Ribadavia, Arnoya, Castrelo de Miño, Melón…

Bodega Alanís, Bodegas Gallegas

 

 

Bodegas Milenium

As nosas bodegas Milenium son unha das grandes ramas dentro de todo o grupo que elabora os viños de mesa tamén chamados viños de España (VDE).

De recente creación, pois pouco máis de 10 anos ten esta nova liña de embotellado, marca un antes e despois nos sistemas de presentación e maquinaria. Formamos parte dun proxecto que combina diferentes liñas de productos e formatos, pero sempre, adptándonos aos criterios de máxima calidade a nivel internacional.

Bodegas Milenium, Bodegas Gallegas

 

Bodegas Arnoya

E por último, a nosa bodega de viños a granel por excelencia. Situada ás aforas da cidade de Ourense, esta bodega marca os inicios do orixe do grupo de Bodegas Gallegas.

Porque por se non o sabíades, esta é a bodega onde comezou todo, aquela que nos fixo chegar a ser, os reis da industria. Gracias Arnoya, somos o que somos por ti. E por iso hoxe… celebramos a terra!

fondo-bodega-arnoya

Bodegas Arnoya, grupo Bodegas Gallegas

Compartir:
Sin comentarios

Responder
Este formulario recopila tu nombre, correo electrónico y contenido para que podamos realizar un seguimiento de los comentarios dejados en la web. Para más información revisa nuestra Política de Privacidad, donde encontrarás más información sobre dónde, cómo y por qué almacenamos tus datos.