Tanino, taniinooo… A sensualidade do viño

Tanino, taniinooo… A sensualidade do viño

Tanino, taniinooo… A sensualidade do viño

Compartir:

José Manuel García

Maxinade: cita na túa casa. Estás preparando a cea e chega a tua convidada ou convidado. Abres unha botella de viño, dúas copas, un brinde, unha ollada e un sorriso… Ese primeiro trago de viño xa ten unha carga de sensualidade impresionante.

Cenaromantica

O viño é un deses elementos que xa por todo este pequeno ritual, amosa o elegante que pode ser unha copa de viño. Pode ser sen dubida unha das claves do éxito dunha cita. O mesmo acontece nunha mesa dun restaurante, con dúas persoas fronte a fronte e esas olladas coa copa na man. Se a iso lle engadimos o efecto de beber esa copa que nos vai animando cada vez un pouco máis, ese efecto embriagador de beber con mesura pero sen pausa, esperta ese termo tan utilizado da “libido” (sempre e cando non vos pasedes, que logo do que esperta é ese outro aspecto denominado “borracheira”). Esa delgada liña entre líbido e borracheira, pode marcar a diferencia entre “hoxe o mellor ata levo un bico” ou “hoxe o mellor levo un golpe”.

Ha decenas de detalles que trae da man beber unha copa de viño, detalles ateigados de sensualidade. O xeito de coller unha copa (por favor, non collades a copa como si estiverades na «Oktober fest»); o xeito de beber con sutileza, a pequenos grolos… (xa sabedes que “o viño non é auga”). Incluso ese ritual do brinde e do que din que hai que beber mirando aos ollos (neste punto e importante calcular ben onde levamos a copa mentras miramos os ollos, que igual acabamos bebendo polo nariz).

Incluso o vocabulario utilizado para falar do viño ten sensualidade de seu. Maxinade como soan en boca dun home ou dunha muller, palabras como Terroir, Coupage, Lias, Tanino,… Iso si, si só sabes estas palabras e non coñeces ben o seu significado, cambia axiña de conversa, non vaia a ser que atopes enfronte a un sumiller en potencia. Aí estás perdido ou perdida!

O importante é que compartas esa botella de viño, probes o primeiro sorbo desa copa e te deixes levar polo marabilloso ritual que ven a continuación. Taninooo, taninooo….

Compartir:
Sin comentarios

Responder
Este formulario recopila tu nombre, correo electrónico y contenido para que podamos realizar un seguimiento de los comentarios dejados en la web. Para más información revisa nuestra Política de Privacidad, donde encontrarás más información sobre dónde, cómo y por qué almacenamos tus datos.